A obras de reforma das pistas de atletismo do CGTD, a bo ritmo

Pontevedra
02 de setembro 2015

Os traballos, que se iniciaron con atraso por culpa de trámites administrativos, manterá inoperativa a instalación deportiva ata o mes de outubro, o que trastornará o inicio de tempada dos atletas. A Xunta inviste na reforma preto de 435.000 euros

Obras de reforma das pistas de atletismo do CGTD
Obras de reforma das pistas de atletismo do CGTD / Mónica Patxot

Iniciáronse cun importante atraso pero agora avanzan a bo ritmo. As obras de reforma das pistas de atletsimo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) continúan a súa marcha coa intención de estar concluídas durante o mes de outubro.

Esta data supón non obstante un importante quebranto para atletas e clubs que alí adestran e que verán dificultada a súa volta aos adestramentos tras as vacacións de verán.

Esa era a idea inicial, realizar as obras aproveitando o período estival, pero trámites administrativos obrigaron a atrasar o inicio dos traballos, que consisten na retirada do tartán, o pulido e nivelado da superficie e a colocación dun novo tapete.

Nesta reforma, que supón unha renovación integral das pistas, a Xunta de Galicia inviste preto de 435.000 euros, ao que se suman os 70.000 euros destinados á primeira fase do proxecto destinados aos aneis de lanzamentos e saltos.

Ademais dos atletas subvencionados no centro e usuarios, un dos principais afectados polo atraso nas obras é a Sociedad Gimnástica, que arrancará a pretempada o próximo 14 de setembro nun ano no que espera seguir crecendo e superar a cifra de 401 atletas federados cos que contou o último curso.