As obras na pista de atletismo do CGTD concluirán "a principios de octubre"

Pontevedra
17 de setembro 2015

Así o asegurou o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, nunha visita aos traballos, que supoñerán unha renovación total da pista pontevedresa "después de 15 años de un uso intensivo"  

Obras de reforma das pistas de atletismo do CGTD
Obras de reforma das pistas de atletismo do CGTD / PontevedraViva

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, visitou este xoves os traballos de renovación da pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, en obras dende hai varias semanas.

Lete Lasa asegurou na cidade de Lérez que a instalación estará lista para ser usada "a principios de octubre", consciente de que o atraso en acometer a actuación prexudica a preparación dos atletas no inicio da tempada.

O representante da institución autonómica en materia de Deporte entende que a actuación de mellora no CGTD "ha sido una inversión adecuada y necesaria, ahora esperemos que tenga su resultado en un año olímpico, en el que necesitamos las mejores condiciones para nuestros deportistas".

A mellora das pistas de atletismo pontevedresas prodúcense "después de 15 años de un uso intensivo", pasando agora a ter un tartán de última xeración similar ao usado no último campionato do Mundo en Pekín.