Aínda non se inauguraron e xa están no ollo do furacán polo seu estado logo de acometer un importante investimento de fondos públicos.
A nova pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra presenta importantes desniveis en parte do seu trazado, especialmente na recta principal, o que pon en perigo a súa homologación para competicións oficiais.
Esa é a preocupación de clubs e atletas que alí se preparan a diario e tamén do director do centro, Julio Ventín, que trasladou as súas dúbidas "aos responsables da obra e á Xunta".
No último mes levouse a cabo unha reforma integral da pista, cun orzamento de 435.000 euros, ao que se suman os preto de 70.000 investidos hai menos dun ano para mellorar as zonas de saltos e lanzamentos.
Os desniveis non son novos no CGTD, porque "xa estaban antes", explica Ventín, como consecuencia do elevado da pista que se realizou na anterior reforma, pero só existe unha solución: "habería que levantar todo e facer unha pista nova", sentenza. Un proxecto para o que non sería suficiente o orzamento comprometido.
Ese plantexamento, o de realizar unha actuación intengral, foi o defendido por un dos clubs que alí adestra, a Sociedad Gimnástica, na reunión coa Xunta de Galicia previa as obras pero "ellos plantearon un retoping", explica o seu vicepresidente, Juan Romero.
"Teóricamente nos dijeron que se iba a rellenar con una goma y que iba a quedar homologable", explica o directivo, que recoñece ademais terse dirixido oficialmente á administración autonómica para mostrar a súa preocupación.
A incerteza entre o estamento atlético é evidente, que só pode esperar a saber si se lle concede a homologación á pista, instalación crave na formación de moitos dos deportistas galegos máis recoñecidos.