A Real Federación Española de Atletismo confirmou que Burgos será o escenario da final pola permanencia na División de Honra de Atletismo.
Alí estará o equipo masculino da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, despois de finalizar terceira nas dúas xornadas previas disputadas.
O club pontevedrés acudirá á cita, prevista para o sábado 13 de xuño, con optismismo de poder certificar a súa continuidade na máxima categoría.
A Gimnástica comezará a xornada con catro puntos na clasificación, ao igual que Pamplona, Nerja de Málaga e Catalunya, mentres Sabadell, Burgos, Monzón de Huesca e Celta de Vigo suman polo momento dous puntos.
Esta situación achega certa tranquilidade xa que poñéndose no peor dos casos, ser últimos na xornada final, os catro equipos que están peor situados que a Gimnástica deberían estar entre os cinco primeiros para que os pontevedreses rematasen descendendo.