A Pinga-Pinga consolídase cunha concorrida sexta edición

Marín
11 de outubro 2015

Máis de medio milleiro de atletas participaron na proba nas súas diferentes categorías. Akka Essaadaoui e Leticia Fernández impóñense en categoría absoluta  

VI Carreira Pinga-Pinga
VI Carreira Pinga-Pinga / Diego Torrado

Santo Tomé de Piñeiro volveu gozar este sábado, por sexto ano consecutivo, dunha animada xornada de atletismo popular coa carreira Pinga-Pinga organizada polo Club Pinarium.

Máis de 500 atletas tomaron parte na proba nas súas diferentes categorías, empezando polas probas de menores e terminando coa carreira absoluta, na que participaron 206 deportistas.

Akka Essaadaoui foi o vencedor na categoría masculina cun tempo de 23:33, seguido do marinense Víctor Riobó (24:35) e José Alberto Bastos (24:56).

En categoría feminina a máis rápida foi Leticia Fernández (28:17), completando o podio Anais Rivas (29:22) e Marina Caballero (30:41).

A cita coincidiu como é habitual coa Festa da Sidra que se organiza na parroquia marinense.