A Pontevedra 4 Picos Bike & Trail dobra a participación na súa segunda edición

Pontevedra
01 de abril 2016

Pechado o prazo oficial de anotación, foron 2.371 persoas as inscritas para a segunda edición o evento, que "convírtese así no máis importante de Galicia" en BTT Maratón, segundo a organización. Disputarase os días 16 e 17 de abril

Presentación da segunda Pontevedra 4 Picos Bike & Trail PontevedraViva

Pechado oficialmente o prazo de inscrición para a súa segunda edición, a Pontevedra 4 Picos Bike & Trail confirma o seu espectacular crecemento, ata case dobrar a cifra de participantes da súa estrea en 2015.

Nesta ocasión serán 2.371 os participantes, dos cales 2.020 farano nas dúas probas de BTT e 351 no Trail para converterse "na proba máis importante de Galicia" de BTT Maratón, asegura Josevi Cimadevila, organizador e respondable de Global DxT.

A proba de BTT disputarase o sábado 16 de abril, con saídas ás 8:30 e 9:15 horas para as modalidades longa e corta respectivamente, e o Trail queda esta vez para o domingo 17, saíndo ás 10:00 horas, en todos os casos desde a rúa Rafael Areses.

Alí instalarase unha zona cero que contará con "máis de 20 expositores de todo tipo", servizos ou actividades para adultos e maiores.

Para garantir a seguridade mobilizaranse ata 150 voluntarios, nunha proba que pola súa extensión (130 quilómetros na opción longa de ciclismo) necesitou a colaboración de 33 comunidades de montes.

A recollida de dorsais realizarase na entrada do Recinto Feiral desde as 16:00 horas do venres 15, segundo sinalaron desde a organización.

Nesta ocasión os 4 Picos se cobvierte ademais nunha carreira solidaria colaborando economicamente con parte da inscrición coa asociación Amencer.