A Pontevedra 4 Picos Bike & Trail confirmou este sábado que xa é unha proba consolidada e que conta cun gran poder de atracción.
Preto de 1.600 deportistas tomaron a saída nas probas de BTT previstas para a primeira das dúas xornadas do evento.
Os primeiros en tomar a saída, ás 8:30 horas, foron os valentes que afrontaron a ruta longa, 120 quilómetros de percorrido para ascender os altos de Castiñeiras, A Fracha, Pontillón do Castro e Monte Castrove.
Media hora máis tarde partían os participantes na opción curta, con 67 quilómetros e subidas aos dous primeiros picos.
A pesar de que a proba non é competitiva, os resultados e tempos poden consultarse a través da web www.magmasports.es.
A Pontevedra 4 Picos terá contnuación este domingo coas carreiras de montaña ou trails de 17 e 34 quilómetros ademais do 'ultratrail' de 55 quilómetros, novidade nesta terceira edición.