A pontevedresa Marta Domínguez proclámase na casa campioa de España de squash

Pontevedra
22 de xaneiro 2018

A deportista do Squash Pontevedra colgouse a medalla de ouro no campionato nacional  sub-19 celebrado en Pontemuíños. O club pontevedrés redondeou a súa actuación coa prata conseguida por Gonzalo Romero

Marta Domínguez, na final feminina do Campionato de España Sub-19 de Squash
Marta Domínguez, na final feminina do Campionato de España Sub-19 de Squash / Diego Torrado

Gran actuación do Squash Pontevedra no Campionato de España Sub-19 que se disputou nas instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.

O club pontevedrés brillou na casa e pechou o torneo con dúas medallas, un ouro e unha prata.

O título nacional foi para Marta Domínguez ao pechar unha sobresaliente fin de semana de competición superando no último e definitivo encontro á palentina Sofía Mateos por 3 xogos a 0.

Tamén chegou á final o seu compañeiro Gonzalo Romero na categoría masculina, aínda que non puido vencer ao canario Iván Pérez, que se impuxo por 3 a 1 e deixou ao pontevedrés coa medalla de prata.

No Campionato de España  Sub-19 participaron ademais, representando ao Squash Pontevedra: Pablo Quintana, Sergio Puga, Miguel Centeno, Fran Bouzas e María Domínguez.