A regata Rei Juan Carlos I, pendente da climatoloxía

Sanxenxo
10 de setembro 2015

A sétima edición da regata, que servirá ademais de peche do Trofeo Presidente da Xunta, dispútase venres, sábado e domingo en augas de ría de Pontevedra coa presenza de varios regatistas olímpicos e do propio monarca  

Pasada edición da Regata Juan Carlos I El Corte Inglés Master en Sanxenxo María Muíña

Conta cun cartel de luxo e todo os ingredientes para ofrecer unha animada fin de semana de competición en augas de Ríaa de Pontevedra, pero a climatoloxía ameaza con deslucila.

En Sanxenxo todo está preparado para a sétima edición da Regata El Cortes Inglés Master, agora Rei Juan Carlos I, que contará con medio milleiro de regatistas das clases ORC 0, 1, 2, 3, Especial e Clásicos.

Con todo as borrascas que entrarán por Galicia preocupan, e moito, aos participantes: "Parece que mañá non haberá moito vento, o sábado podería soprar do Norte con posibilidades de que entre néboa e o domingo apunta a que vai poñerse duro", explica o capitán do movistar, Eduardo Marín.

No campo de regatas, situado fronte á praia da Lanzada, disputaranse dúas mangas diarias (venres, sábado e domingo) se o tempo o permite, coa presenza de medallistas olímpicos como Iker Martínez, Xabi Fernández ou Támara Echegoyen.

Tamén navegará en Sanxenxo o monarca que dá nome á regata, Juan Carlos I, que será patrón do Acacia, un barco do ano 1929.