Segundo día de competición no Campionato de España Absoluto e Junior de Verán e segunda medalla para o Club Natación Galaico.
Tras o ouro junior conseguido por Águeda Cons nos 800 libre, o segundo metal chegou grazas á remuda feminina 4x200 tamén de categoría junior.
O equipo pontevedrés, formado por Águeda Cons, Inés Gómez, Lara Gómez e Nuria Erselle, logrou un tempo de 8:30.54, só superado polo Real Canoe madrileño.
Ademais Águeda Cons (2:03.74) estableceu unha nova mellor marca galega de 16 anos.
A xornada deixou tamén a Daniel Sánchez no oitavo posto nos 100 costas para nadadores de 18 anos (1:00.47), Nuria Erselle foi sétima en 100 costas de 17 anos (1:08.50) e Lara Gómez foi oitava na 200 bolboreta de 17 anos (2:28.35).