Broche de ouro para o Club Natación Galaico no Campionato de España de Verán Absoluto e junior de Las Palmas de Gran Canaria.
O club pontevedrés sumou dúas medallas na última xornada de competición, pechando a súa participación con cinco metais.
Bea Gómez foi terceira na final absoluta dos 200 estilos, cun tempo de 2:15.73 que lle valeu a medalla de bronce, pero a estrela absoluta do campionato para o Galaico foi Águeda Cons.
A pontevedresa sumou este domingo o seu cuarto metal (dous ouros e dúas pratas) cun ouro nos 400 libre junior. O seu tempo (4:15.47) ademais valeulle para sumar un extraordinario cuarto posto na categoría absoluta e bater o record galego na súa idade, sendo só superada polas internacionais Mireia Belmonte, Melani Costa e María Vilas.
Na mesma proba, os 400 libre, Paula Goyanes foi décima (4:23.12), Lara Gómez quinta na categoría de 17 anos (4:30.80) e Inés Gómez novena en 16 anos (4:31.29).