Os deportistas españois que participarán a partir do próximo 6 de outubro nos Xogos Olímpicos da Mocidade, que se celebrarán en Bos Aires, puxeron este martes rumbo á capital arxentina.
Entre eles atópanse varios representantes do deporte pontevedrés, que se concentraron en Madrid o luns para recibir unhas charlas do equipo técnico do Comité Olímpico Español.
En Buenos Aires competirá en piragüismo a pontevedresa Antía Otero e a nivel individual tamén tomará parte unha xogadora do Bádminton Pontevedra nesta disciplina, Elena Andreu.
En canto aos deportes de equipo, dúas xogadoras do Poio Pescamar foron convocadas para a cita, Carol Agulla e Antía Pérez, así como dous integrantes do Teucro, Domingo Luis e Sergio Pérez, que no seu caso competirán na modalidade de balonmán praia.
España contará nos Xogos Olímpicos da Mocidade cun total de 86 deportistas (47 mulleres e 39 homes), que se unirán aos preto de 4.000 participantes de 206 países no que será na maioría dos casos a súa primeira gran experiencia internacional, non en balde trátase de mozas entre os 15 e os 18 anos con toda unha cerrera deportiva por diante.
A competición olímpica desenvolverase ata o día 18 de outubro.