A saída de Bruno Rivada cara o Mirandés, pendente só de pequenos detalles

Pontevedra
23 de xaneiro 2018

Co acordo entre ambos os clubs pechado a falta de concretar pequenos flocos, o central redondelano deixará de ser xogador granate converténdose na terceira baixa do mercado invernal. O anuncio oficial, á espera de poder pechar ao seu substituto

Bruno Rivada, nun adestramento do Pontevedra
Bruno Rivada, nun adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

Pontevedra e Mirandés negociaron nas últimas horas a saída de Bruno Rivada, que pasará a formar parte do conxunto burgalés converténdose na terceira baixa do equipo no mercado invernal tralas de Víctor Mongil e Miguel Ángel.

O acordo entre os clubs está ultimado a falta só de concretar pequenos detalles, aínda que o anuncio oficial está á espera de atopar a un substituto.

Bruno, canteirán granate, abandonará así a entidade despois de varias tempadas co primeiro equipo, no que foi gañando protagonismo desde a volta da súa cesión a Bertamiráns ata converterse nun dos xogadores máis utilizados por  Luisito na últimas tempada.

O central redondelano coincidirá en Miranda de Ebro con Pablo Alfaro, ex-adestrador do Pontevedra, ao que convence a súa mocidade e a versatilidade que pode achegar á liña defensiva ao poder actuar tanto de central como de lateral.

A súa saída deixará libre unha praza para un futbolista en idade sub-23 dentro dos reforzos que quere incorporar o club de Pasarón, cuxas prioridades pasan por incorporar ata dous centrais, demarcación na que interesa sumar experiencia, un extremo e un dianteiro.