Seis xornadas acumula sen gañar o Poio Pescamar en liga, e quere recuperar o paso o equipo adestrado por Marcio Santos na pista máis complicada da categoría, a do Atlético de Madrid Navalcarnero.
As vermellas visitan este sábado (18:00 horas) ao líder da Primeira División e actual campión de liga, equipo que esta campaña só cedeu ata o momento unha derrota e un empate.
Na convocatoria do Poio Pescamar entra por primeira vez a brasileira Delise Geraldo, recentemente chegada ao equipo como fichaxe de inverno. Trátase dunha xogadora de 24 anos, zurda, que esperan no club achegue rapidez no xogo e gol.
Tras estrearse o xoves no adestramento do equipo, Geraldo viaxa nunha expecición da que cae Yoli por unha escordadura no pescozo.
Desta forma a lista do Poio para a súa viaxe a Navalcarnero compóñena: Silvia, Mónica, Ale de Paz, Jenny Lores, Carol, Jessi Lores, Ceci, Iria, Patri Corral e Delise Geraldo.