A síndrome dos últimos minutos volve atacar ao Ribadumia en Redondela (2-1)

O Salnés
08 de decembro 2015

Oitava xornada consecutiva sen coñecer a vitoria para un Ribadumia que non levanta cabeza. Esta vez acariñou o empate en Santa Mariña, fronte ao Choco, pero deixou escapar un punto de novo nos minutos finais, en algo que se está convertendo en perigoso costume para os de Sierra

Partido entre Ribadumia e Noia na Senra
Partido entre Ribadumia e Noia na Senra / Diego Torrado

Oitava xornada consecutiva sen coñecer a vitoria para un Ribadumia que non levanta cabeza. Esta vez acariñou o empate en Santa Mariña, fronte ao Choco, pero deixou escapar un punto de novo nos minutos finais, en algo que se está convertendo en perigoso costume para os de Sierra

O cadro aurinegro non explotou a súa superioridade numérica entre a expulsión, no minuto 37, do xogador local Xosé Ramón e a de Pacheco, no 70, que nivelaba forzas, encaixando o empate a falta de dous minutos, nunha xogada na que reclamaron man e fóra de xogo.

Silva adiantaba aos locais aos 19 minutos, pero Changui conseguía empatar xusto antes do descanso. O partido camiñaba cara á repartición de puntos, pero a falta de dous minutos, o xa tradicional descoido do Ribadumia custáballe encaixar o gol que lles facía perder o partido, nun remate de Óscar Pérez.

A derrota, unida ao empate cultivado polo Ribadeo en Vilagarcía, deixa ao Ribadumia como pechacancelas en solitario da categoría, e os que é peor, a unha distancia xa de sete puntos dos postos de permanencia.

Consulta aquí a acta do partido.