A Sociedad Gimnástica pecha a cita autonómica en pista cuberta cunha decena de metais

Pontevedra
17 de marzo 2021

O corredor Carlos Porto, con dúas medallas de prata no 1500 e 3000 metros lisos, foi o atleta máis destacado da escuadra lerezana no campionato galego de categoría absoluta celebrado o 14 de marzo en Ourense

Carlos Porto logra dúas medallas de prata para a Sociedad Gimnástica no autonómico de inverno
Carlos Porto logra dúas medallas de prata para a Sociedad Gimnástica no autonómico de inverno / Sociedad Gimnástica

O campionato galego absoluto de pista cuberta pechouse con grandes resultados para a Sociedad Gimnástica. O corredor vigués Carlos Porto logrou dúas pratas no 1500 e 3000 metros listos, logrando nesta última a súa mellor marca persoal. Ademais, na Fundación Expourense os atletas do conxunto pontevedrés conseguiron outros oito metais.

Tamén asinaron un dobrete David de la Fuente e Eugenia Gil. O primeiro obtivo unha prata nos 400 e un bronce nos 800 metros lisos, mentres que a coruñesa foi segunda nos 400 e terceira nos 200 metros lisos.

En salto de lonxitude masculino, David Ferrer e Raúl Cortizo fixeron un dobrete ao subirse ao segundo e terceiro chanzo do pódium respectivamente. O segundo clasificado tivo que igualar o seu mellor marca da tempada, 7,12 metros para colgarse a prata ao pescozo. O seu compañeiro asinou un salto de 6,93 metros que lle bastaría para ser terceiro.

Na mesma proba, pero en categoría feminina, a nova Andrea Villaverde situouse entre as mellores saltadoras autonómicas ao quedar terceira cunha marca de 5,29 metros.

O que non puido reter a súa condición de campión autonómico foi Víctor Gallego. O mellor lanzador de peso galego do últimos cinco anos tivo que conformarse esta vez coa medalla de prata ao quedar, cunha marca de 14,10 metros, a só seis centímetros do ouro. 

En categoría máster W40, Paula da Torre e Cristina Garrido conseguiron senllas medallas de prata en 1500 e 60 metros lisos respectivamente. Mentres que en categoría sub 16, Mariña Pérez foi segunda en 60 metros valas e terceira en salto con pértega; Carla Rivas, terceira en salto altura; Matías Moldes e Alejandro Villaverde, ouro e prata en hexatlón.