A tempada de atletismo ao aire libre ponse seria

Pontevedra
20 de abril 2018

A Gimnástica afronta esta fin de semana as primeira competicións importantes da tempada ao aire libre co Campionato Galego de Clubs e o Nacional Universitario, que servirán de posta a punto para os seus equipos a unha semana de que arrinque a competición nas ligas de División de Honra e Primeira División

Campionato Galego Absoluto de Atletismo no CGTD
Campionato Galego Absoluto de Atletismo no CGTD / Diego Torrado

Chegan as primeira gran competicións atléticas ao aire libre da tempada para a Sociedad Gimnástica, a menos dunha semana de inicio das ligas de División de Honra e de Primeira División, onde competirá cos seus equipos masculino e feminino respectivamente.

Os atletas do club pontevedrés poñeranse a punto durante a fin de semana do 21 e 22 de abril en dúas citas destacadas, empezando polo Campionato Galego de Clubs que terá lugar nas pistas viguesas de Balaídos. A pesar de contar con algunhas baixas, a Gimnástica aspira a estar entre os mellores.

Nos 100 metros lisos estarán Darío Costas e Cristina Garrido; nos 200 metros Adrián Salgado e Paula Martín; nos 400 metros Ángel Vargas e Blanca  Armenteros; nos 800 metros Alberto Pérez e Paula de la Torre; nos 1.500 Carlos Porto e Eva Cid; nos 3.000 Manuel Hurtado e Iria Rodríguez; nos 3.000 obstáculos Iván Manso-Pedrosa e Mercedes Baltar; na marcha Carlos Morales e Marisol Diz; nos 400 metros valos Pablo Boleas e Marina Porteiro; nos valos curtos Denís Galán e Lucía Ferrer.

Nos saltos tomarán parte na altura Raúl Cortizo e Inés Martínez, na pértega Santi Ferrer e Marta González; na lonxitude David Ferrer e Lucía Seijas; no triplo salto Marco Martínez e Paula Argibay. Nos lanzamentos estarán David Rocha e Iria Filgueira no martelo; José Manuel Vila e Andrea González na xavelina; Francisco Javier Guzmán e María Jiménez no disco; e Víctor Gallego e Sandra Carballo no lanzamento de peso. No 4x100 masculino tomarán parte: Marco Martínez, Darío Costas, Santiago Ferrer e Adrián Salgado; mentres que en mulleres farano: Lucía Ferrer, Cristina Garrido, Andrea González e Lucía Seijas. No 4x400 masculino estarán: Raúl Cortizo, Ángel Vargas, Carlos Porto e Yago Boleas; e no feminino: Iria Rodríguez, Paula Martín, Eva Cid e Marta González.

Ademais en Andújar, Xaén, terá lugar o LXXIX Campionato de España Universitario, ata onde se desprazarán David Abalde, Ángel Blanco, Marta Fernández e Xiana González.