A temperá expulsión de Velay achanda o camiño ao Arosa (2-0) ante o Xuventú Sanxenxo

O Salnés
05 de xaneiro 2015

O acerto dende o punto de penalti e a temperá expulsión do porteiro visitante Velay, determinaron o resultado dun derbi no que o Arosa conseguiu romper a súa negativa dinámica de resultados vencendo o Xuventú Sanxenxo

Partido entre Arosa e Xuventú Sanxenxo na Lomba
Partido entre Arosa e Xuventú Sanxenxo na Lomba /

O acerto dende o punto de penalti e a temperá expulsión do porteiro visitante Velay, determinaron o resultado dun derbi no que o Arosa conseguiu romper a súa negativa dinámica de resultados vencendo o Xuventú Sanxenxo.

Os amarelos puideron adiantarse no marcador ao pouco de comezar (minuto 5), cando Rivas comete penalti sobre Ramón, pero Cuchi non acerta no lanzamento e Jorge Pérez consegue desviar o seu disparo dende os once metros.

Coa liña defensiva moi adiantada, o Xuventú Sanxenxo deixaba espazos que non desaproveitou o Arosa. Así, Nando plántase ante Velay, que o derruba fora da área vendo a primeira amarela. Logo Vixo dispararía o poste, antes de que Capelo sexa derrubado por Velay dentro da área. O colexiado decreta penalti e expulsa ao meta visitante pola segunda amoestación. O propio Capelo transformou o penalti.

Dende ese momento o Arosa dominou o partido e conseguiu o segundo antes do descanso, tras un centro de Capelo que aproveita Nando desmarcado.

A segunda parte ofreceu a un Sanxenxo que non se rendeu, malia a inferioridade numérica, e un Arosa que desperdiciou claras ocasións para ampliar a conta, especialmente nas botas de Javi Pazos. A expulsión de Diego Peña na recta final do partido rematou coas esperanzas visitantes.

AROSA SC (2): Jorge Pérez; Juanjo, Juan, Rivas, Nano; Vixo, Iago; Nando (Eloy, min. 59), Adrián Camiño, Capelo (Pablito, min. 77); e Quique Cubas (Javi Pazos, min. 64).

XUVENTÿ SANXENXO (0): Velay; Diego Peña, Deivi, Alfonso, Héctor; Cuchi (Diego González, min. 69), Guille (Álex Vila, min. 22), Jonathan (Dani Muradás, min. 74), Suso Martínez; Nel e Ramón.

Arbitro: Saúl López Parga (Lugo), auxiliado nas bandas por Gonzalo Gómez Lemos e José Luis Rego Rodríguez. Expulsou por dobre amoestación aos visitantes Velay (min. 22) e Diego Peña (minuto 88). Amoestou a Rivas Juanjo e Vixo, polo locais, e Cuchi, polo Sanxenxo.

Goles: (1-0) Minuto 25: Capelo, de penalti. (2-0) Minuto 43: Nando.

Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía). Uns 750 espectadores.