A tiro o record de participación do Medio Maratón de Pontevedra

Pontevedra
08 de outubro 2014

A inscrición péchase o día 14, pero xa foron 1.263 os deportistas que confirmaron a súa presenza na proba

XVIII Medio Maratón 2013 Diego Torrado

Habitualmente os últimos días de inscrición adoitan ser os de maior movemento, un dato que achega o record de participación no Medio Maratón de Pontevedra na súa décimo novena edición.

O ritmo de anotación está a ser constante e ata o momento foron xa 1.263 os atletas que confirmaron a súa presenza na proba, prevista para o 19 de outubro, unha crifra próxima aos 1.382 corredores de 2013.

A inscrición continuará activa ata o día 14, o que anima a organización no seu obxectivo seguir crecendo para chegar polo menos aos 1.500 deportistas, motivo polo que se modificou o percorrido, agora con maior amplitude.

RECOÿECEMENTO DO CIRCUÍTO

Estes cambios serán explicados na quedada de recoñecemento do circuíto convocada para o próximo luns, 13 de outubro, ás 20:30 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Este adestramento está dirixido aos atletas que queiran ver sobre o terreo os puntos importantes do Medio Maratón uns días antes da súa celebración.