Á venda as entradas e abonos para o Memorial Domingo Bárcenas de balonmán

Pontevedra
13 de decembro 2017

Dúas das tres xornadas do torneo internacional, na que xogarán as seleccións nacionais absolutas de España, Polonia, Arxentina e Bielorrusia, xogaranse no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, os días 5 e 6 de xaneiro

Pista de xogo azul no Pavillón Municipal dos Deportes Concello de Pontevedra

Dúas das tres xornadas do Torneo Internacional Memorial Domingo Bárcenas de balonmán disputaranse no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

A Real Federación Española de Balonmán fixo público o cadro oficial do torneo, que se celebrará na súa edición  XLIII edición nas cidades de Pontevedra e Vigo entre o día 5 e 7 de xaneiro coa presenza das seleccións nacionais absolutas masculinas de España, Polonia, Arxentina e Bielorrusia.

Concretamente o Municipal pontevedrés acollerá os dous primeiros días de partidos, o venres 5 de xaneiro e o sábado día 6, dentro dunha cita que servirá de preparación para o Campionato de Europa de Croacia.

Desta forma o venres 5 xogaranse aos partidos Arxentina-Polonia (17:00 horas) e España-Bielorrusia (19:00 horas), mentres que o sábado será a quenda do Polonia-Bielorrusia (18:30 horas) e do España-Arxentina (20:30 horas). O domingo pola súa banda, no pavillón vigués das Travesas, disputaranse o Bielorrusia-Arxentina (17:00 horas) e o España-Polonia (19:00 horas).

As entradas e abonos para presenciar en directo o Memorial Domingo Bárcenas están xa á venda no portal www.marcaentradas.com cun prezo de 15 euros (máis gastos de xestión) por xornada e de 30 euros para os abonos.