Jordi Ribera dá a lista de España para o Memorial Domingo Bárcenas que se xogará en Pontevedra

Pontevedra
14 de decembro 2017

O seleccionador nacional elaborou unha convocatoria de 19 xogadores, dos que dous serán descartados antes do Torneo Internacional. O cangués Rodrigo Corrales e os ex-teucristas Viran Morros e Gedeón Guardiola, entre os elixidos

Xogadores da Selección Española de balonmán durante a gravación dun anuncio
Xogadores da Selección Española de balonmán durante a gravación dun anuncio

O seleccionador nacional de balonmán, Jordi Ribera, deu a coñecer este xoves a convocatoria de España para o XLIII Torneo Internacional Memorial Domingo  Bárcenas que se disputará en Pontevedra e Vigo entre o 5 e o 7 de xaneiro.

Ribera elaborou unha lista con 19 xogadores que se concentrarán durante cinco días en Zaragoza, dos cales dous deles non viaxarán xa ás Rías Baixas para enfrontarse aos combinados nacionais de Bielorrusia, Arxentina e Polonia.

Entre os convocados atópase o gardameta cangués Rodrigo Corrales, actualmente no PSG francés, e tamén dous ex-teucristas como Viran Morros e Gedeón Guardiola, aínda que a principal novidade é o pivote Antonio Bazán (Anaitasuna).

Os xogadores que participarán na concentración e o Memorial Domingo Bárcenas son:

  • Portería: Gonzalo Pérez de Vargas (Fútbol Club Barcelona Lassa), Rodrigo Corrales (PSG Handball), Sergey Hernández (Helvetia Anaitasuna).
  • Central: Raúl Entrerríos (Fútbol Club Barcelona Lassa), Daniel Sarmiento (Saint Raphael).
  • Lateral Dereito: Eduardo Gurbindo (HBC Nantes), Alex Dujshebaev (PGE Vive Kielce).
  • Lateral Esquerdo: Joan Cañellas (HC Vardar), Viran Morros (Fútbol Club Barcelona Lassa), Iosu Goñi (Pais d'Aix Université), Daniel Dujshebaev (RK Celje Pivovarna Lasko).
  • Extremo Dereito: Ferrán Solé (Fenix Toulouse Handball), David Balaguer (HBC Nantes).
  • Extremo Esquerdo: Ángel Fernández (Ciudad de Logroño), Valero Rivera (Fútbol Club Barcelona Lassa).
  • Pivote: Julen Aginagalde (KS Vive Tauron Kielce), Antonio Bazán (Helvetia Anaitasuna), Gedeón Guardiola (Rhein-Neckar Löwen), Adriá Figueras (Fraikin Granollers).