A versión máis comprometida da Sociedad Deportiva Teucro

Pontevedra
23 de decembro 2015

O club pontevedrés participou en Vigo nun torneo en favor da inclusión no que tamén tomaron parte equipos das asociacións Xuntos Down Pontevedra e Down Vigo

Torneo de balonmán en favor da inclusión disputado en Vigo
Torneo de balonmán en favor da inclusión disputado en Vigo /

Lévao demostrando desde o ano 2013 e fíxoo unha vez máis. A Sociedad Deportiva Teucro ensinou a súa cara máis comprometida participando en Vigo nun torneo pola inclusión.

Equipos infantil e cadete tomaron parte nun torneo de Nadal no que tamén estaban o Seis do Nadal e Academia Octavio.

Completaban o cartel os equipos formados polas asociacións Down Vigo e Xuntos Down Pontevedra.

O Teucro colabora con Xuntos desde o ano 2013, cando asinou un convenio coa asociación para promover a inclusión social polo cal usuarios da asociación empezaron a participar nos labores organizativos do club.

Ademais este ano deuse un paso máis ao incorporar ao persoal do club a Miguel Pérez, un dos usuarios de Xuntos que durante toda a tempada esta realizando as súas prácticas laborais como masaxista co equipo de Liga Asobal.