A Volta a nado Illa de Tambo fixa a data da súa terceira edición

Poio
31 de xaneiro 2024

A terceira edición da travesía a nado disputarase o próximo 28 de xullo co obxectivo de reunir máis de 300 nadadores 

Segunda edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio
Segunda edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio / Laureano Freire Urbeira

Haberá terceira edición da Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio.

Tras o éxito das dúas primeiras edicións a organización da travesía, a cargo do Concello e Atlantic Extreme Sports, anunciou a data na que se celebrará este ano 2024, o domingo 28 de xullo.

De novo Combarro será punto de saída dunha competición que espera reunir máis de 300 nadadores, con presenza de deportistas nacionais e estranxeiros.

A proba deportiva contará con tres distancias, de 1.000 metros, 4,5 e 6 quilómetros respectivamente.

A Volta a nado completarase ademais con diversas actividades como unha visita guiada á Illa de Tambo para os participantes e os seus acompañantes o día anterior á travesía, co obxectivo de dar a coñecer a historia a riqueza patrimonial deste enclave privilexiado da ría de Pontevedra.