Aarón González arranca o ano de boxeo con boas sensacións

Marín
13 de febreiro 2018

O púxil marinense do Team Thunder participou a fin de semana nunha veleda organizada en Sevilla á que tamén acudiu o seu compañeiro de equipo Mario Peteiro

Aarón González e Mario Peteiro na velada de boxeo disputada en Sevilla Team Thunder Marín

Boas sensacións no arranque de ano para Aarón González no seu camiño cara ao gran obxectivo da tempada, revalidar o seu título de campión nacional.

O púxil do Team Thunder de Marín acudiu a fin de semana xunto ao seu compañeiro Mario Peteiro a unha velada de boxeo celebrada no Hotel Alcora de Sevilla, cunha programación de oito combates de boxeo olímpico e dous de boxeo profesional.

No caso de Mario Peteiro, enfrontouse ao local Narcy e protagonizou un duelo de menos a máis. A súa progresión con todo non tivo a recompensa do triunfo, ao outorgar os xuíces a vitoria ao seu rival.

O resultado positivo da xornada foi o de Aarón González, ao vencer e mostrar unha gran imaxe ante Álex Vega. O deportista marinense demostrou unha notable preparación física e a evolución no seu boxeo debido aos últimos meses de intensa preparación, que incluíron unha estancia en Cuba.