Aarón González cede ante Sissoko e queda co bronce no Campionato de España

Marín
21 de xullo 2018

Non puido o marinense Aarón González revalidar o seu título de campión de España elite de boxeo olímpico, ao caer por decisión dos xuíces na semifinal, fronte a  Youba Sissoko, recente subcampión dos Xogos do Mediterráneo, o que deixa ao púxil do Team Thunder coa medalla de bronce

Aarón González, nun dos seus combates
Aarón González, nun dos seus combates / Team Thunder Marín

Non puido o marinense Aarón González revalidar o seu título de campión de España elite de boxeo olímpico, ao caer por decisión dos xuíces na semifinal, fronte a Youba Sissoko, recente subcampión dos Xogos do Mediterráneo, o que deixa ao púxil do Team Thunder coa medalla de bronce.

Foi unha gran mañán de boxeo en Córdoba. O combate entre Aarón González e Youba Sissoko foi un duelo no peso welter cun nivel que poucos lembran. Eran moitos quenes o consideraban unha final anticipada e os protagonistas non defraudaron. Sissoko, olímpico en Río e subcampión nos xogos do Mediterráneo e Aarón, actual campión de España. Un duelo épico que fixo que todos gozasen de boxeo de alto nivel.

O combate empezou con Aarón ben armado e contestando todo o que o xigante da selección tiráballe. No segundo asalto o marinense conectou as mellores mans e dominou un asalto que podía ser decisivo.

No terceiro, pese ao dominio do deportista do equipo olímpico, Aarón conectou as mellores mans, que puideron outorgarlle o pase á ansiada final, pero os xuíces decidiron darlle a vitoria ao boxeador do equipo nacional e Aarón González queda cun bronce con sabor a ouro.

Gran combate do galego que recibiu múltiples felicitacións por plantar cara a un dos mellores deportistas do peso welter español. O deportista marinense vaise orgulloso cun bronce e inicia pronto a súa viaxe a EEUU, onde poderá adestrar cos mellores do boxeo mundial.