Adrián Esperón e Patricia Martínez, recibidos pola secretaria xeral para o deporte

Pontevedra
10 de xuño 2017

A parella pontevedresa, actuais campións de España de baile deportivo na modalidade de Standard, recibiron a felicitación de Marta Míguez tras ser seleccionados para participar nos World Games

Marta Míguez, Patricia Martínez e Adrián Esperón Juan José Esperón

Os actuais campións de España de baile deportivo na modalidade Standard, os pontevedreses Adrián Esperón e Patricia Martínez, reuníronse este venres coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, nabusca de apoios para afrontar os seus próximos retos.

A reunión tivo lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Patricia e Adrián,  14 veces campións nacionais,  foron seleccionados para participar na próxima edición dos World Games que se celebrarán do 20 ao 30 de xullo en Polonia.

Serán unha das tres parellas españolas na competición, na que participarán na modalidade de Standard, mentres as outras dúas parellas nacionais participarán en Latinos e Salsa.

Ademais dos seus últimos resultados, Adrián Esperón e Patricia Martínez dialogaron coa máxima responsable do deporte galego acerca das actividades que veñen realizando para promocionar o baile deportivo.