O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este xoves que chegou a un acordo con Adrián Mouriño, Álex Fernández e Jacobo para a súa renovación por unha tempada máis.
Desta forma convértense na cuarta, quinta e sexta renovación do equipo, tras as de Capi, Edu Sousa e Adrián Gómez.
Mouriño, que cumprirá a súa terceira campaña en Pasarón, foi un dos futbolistas máis usados por Luisito desde a chegada do técnico, aínda que unha apendicite en decembro apartoulle durante varios meses dos terreos de xogo e provocou que perdese presenza no equipo no tramo final da liga.
Pola súa banda Jacobo, tras o seu regreso ao club a pasada campaña, gañou a confianza do técnico pola súa versatilidade na liña de ataque.
Tamén Álex Férnandez foi un dos xogadores máis usados por Luisito na súa primeira campaña como granate.
As conversas co resto de xogadores aos que se lles trasladou unha oferta de renovación continúan, aínda que nalgúns casos como no do gardameta Company a distancia entre ambas as partes fai complicado un acordo.