Nova fichaxe do Pontevedra para a próxima tempada. O club granate pechou a incorporación do defensa central Dani Portela, procedente da SD Compostela.
Portela, de 29 anos, é un habilidoso futbolista que conta con experiencia na Segunda B e reforzará a zaga pontevedresa, tras a saída de Campillo e Ramón Verdú.
O xogador ourensán estará ligado ao Pontevedra por unha tempada.
Na última tempada, Dani Portela xogou trece partidos co Compostela na categoría de bronce. Marcou dous goles.
Perdeu case toda a primeira volta da liga por unha fractura de peroné, da que xa se atopa totalmente recuperado.
Non é, ademais, un home descoñecido para Luisito. Co actual adestrador participou no ascenso do Ourense a Segunda B e na súa posterior permanencia.