Un vello coñecido da afección granate regresa ao Pontevedra. Trátase de Gonzalo García, centrocampista coruñés que xa militou unha tempada no cadro granate, a 2011/2012 en Terceira División con Milo Abelleira ao cargo do equipo.
Agora, aos seus 30 anos e tras pasar por equipos como o Compostela, Boiro ou Betanzos, volve a Pasarón procedente do Arandina.
No cadro burgalés participou a pasada campaña en 32 partidos de liga no Grupo I de Segunda B, aos que se suman dous de Copa do Rei, anotando tres goles.
Gonzalo convírtese así na quinta fichaxe do equipo asinando por unha tempada, tal e como confirmou o club pontevedrés.
El veterano mediocentro Gonzalo García Cela, procedente de la Arandina, nuevo jugador granate para la temporada 16/17. #VamosPonte
— PontevedraCF Oficial (@PontevedraCFSAD) 22 de junio de 2016