Borjas Martín non seguirá no Pontevedra ao non aceptar a oferta de renovación do club

Pontevedra
14 de xuño 2016

Un novo xogador causa baixa no Pontevedra 2016-2017. O dianteiro canario Borjas Martín non continuará vestindo a camiseta granate, tras non chegar a un acordo co club para renovar o seu contrato. Así o confirmou o propio xogador a través da súa conta de Twitter, desde a que se despediu de toda a afección

Borjas celebra a consecución do gol de penalti fronte á Cultural Leonesa en Pasarón
Borjas celebra a consecución do gol de penalti fronte á Cultural Leonesa en Pasarón / Diego Torrado

Un novo xogador causa baixa no Pontevedra 2016-2017. O dianteiro canario Borjas Martín non continuará vestindo a camiseta granate, tras non chegar a un acordo co club para renovar o seu contrato. Así o confirmou o propio xogador a través da súa conta de Twitter, desde a que se despediu de toda a afección.

Borjas Martín, que chegou ao club o pasado mes de xullo procedente do Atlético Astorga, era un dos trece xogadores cos que Luisito quería contar a próxima tempada. Ofrecéuselle a renovación, pero tan só por un ano cando o xogador prefería un contrato de dous anos.

As negociacións entre ambas as partes estendéronse durante a última semana, tempo no que o xogador se desprazou a terras canarias para consultar coa súa familia. Finalmente, optou por comunicar ao club que non aceptaba a oferta.

Na actual tempada, Borjas Martín foi unha das principais referencias ofensivas do equipo granate. Marcou un total de doce goles nos 36 partidos que xogou, case un terzo de todos os tantos que anotou o Pontevedra en toda a tempada.

CAMPILLO, AO CORUXO

Os xogadores que non foron renovados comezaron a asinar por novos equipos. É o caso de Campillo que, tras a súa axitada saída do club, chegou a un acordo co Coruxo para reforzar a súa zaga para a próxima tempada.