Nova baixa nas filas do Arxil para a próxima tempada. Adriana Aparicio deixará de formar parte do equipo pontevedrés despois de dúas tempadas defendendo a camiseta verde por motivos académicos, debido a que pasará o próximo curso universitario en República Checa cunha bolsa Erasmus.
A nova xogadora chegou a Pontevedra no 2018 para alternar a súa participación co primeiro equipo e co filial, co que logrou dous ascensos a Primeira Nacional. Mentres que ás ordes de Mayte Méndez disputou esta tempada 17 partidos cun total de 97 minutos.
A faceta defensiva é na que máis brilla a salmantina e a súa achega resultou clave para a consecución da permanencia unha tempada máis na liga Feminina 2. Desde a dirección deportiva esperan volver contar cos seus servizos para o curso 2021-2022.