O Zamora Club de Fútbol destapouse en só tres xornadas como unha das revelacións da Segunda División B, polo menos do Subgrupo 1-A que comparte co Pontevedra.
O cadro zamorano, recentemente ascendido e tras apostar no verán pola renovación do bloque que lle devolveu á categoría de bronce, é un dos colíderes xunto a granates e ao Deportivo con 7 puntos de 9 posibles.
"Lo principal del Zamora es que es un equipo muy intenso que se pasa 90 minutos corriendo y no da ningún balón por perdido" destacou este xoves o seu segundo adestrador, o ex-celtista Aguirrechu, en declaracións ao programa provincial de Deportes Cope. Así o demostra de feito o seu resultado a pasada xornada, cando foi capaz de igualar un partido en Ferrol que se lles puxo costa arriba cun 2-0 en contra.
O axudante de David Movilla no banco do Ruta de la Plata non escatimou en eloxios cara ao próximo rival do seu equipo, un Pontevedra do que "para mí es uno de los mejores equipos de la categoría", defendeu. "Más allá de los jugadores, que tiene muy buenos jugadores, es un equipo muy intenso, con bastante ritmo y que maneja muchos registros, tanto juego asociativo como directo", analizou Aguirrechu.
Sobre o seu equipo destacou que a pesar da súa boa clasificación actual non se marcan de momento máis obxectivos que ir semana a semana porque "todavía es muy pronto, son tres partidos y estar ahora ahí arriba es algo anecdótico, pero sí que creo que el Pontevedra va a estar en esos puestos a final de liga", sentenciou o ex-futbolista.