Aitor Díaz ficha polo Arosa

O Salnés
25 de xuño 2015

O defensa marinense procede das Pontes e comprométese co club arlequinado por unha tempada. O Arosa anuncia ademáis a renovación do porteiro Lucas Gallego

Aitor Díaz (dereita) na súa etapa nas Pontes Diego Torrado

Segue o Arosa configurando o seu equipo de cara á próxima tempada, e estao a facer incorporando homes de calidade e experiencia na categoría que fan pensar en que o conxunto arlequinado aspira a cotas moi altas.

Tras as fichaxes de Hugo Soto e Cardeñosa, chega un terceiro reforzo co que a directiva que preside Manolo Abalo chegou a un acordo na tarde deste xoves. Trátase de Aitor Díaz, un defensa central que chega procedente das Pontes, tras militar anteriormente no Cerceda, durante varias tempadas.

O xogador, nacido en Marín e formado nas filas do Pontevedra, é un dos defensas centrais máis valorados da Terceira División, e formará co tamén recén fichado Cardeñosa unha defensa seria e especialmente sólida no xogo aéreo.

MÁIS RENOVACIÓNS

Ás novas fichaxes tamén seguen sumándose as renovacións de xogadores do actual pantel. A quenda nesta ocasión foi para Álex Freire e Eloy Fariña, que chegaron a un acordo coa xunta directiva arosista e seguirán defendendo a camiseta arlequinada na tempada 2015-2016, ás ordes de Piscis.