Alarma no Cisne polo positivo en COVID dun dos seus xogadores

Pontevedra
11 de outubro 2020

A covid-19 segue trastornando os plans do Dicsa Modular Cisne e con iso, os da liga Asobal. Despois de que o Balonmán Ciudad Encantada anunciase que once xogadores deran positivo en coronavirus, o club pontevedrés solicitou realizar as PCR pertinentes ao corpo técnico e xogadores, xa que poucas horas antes enfrontáronse no Pavillón Municipal

Partido da Liga Asobal entre Cisne e Cuenca no Municipal
Partido da Liga Asobal entre Cisne e Cuenca no Municipal / Mónica Patxot

A covid-19 segue trastornando os plans do Dicsa Modular Cisne e con iso, os da liga Asobal.

Despois de que o Balonmán Ciudad Encantada anunciase que once xogadores deran positivo en coronavirus, o club pontevedrés solicitou realizar as PCR pertinentes ao corpo técnico e xogadores, xa que poucas horas antes enfrontáronse no Pavillón Municipal.

A alarma acendeuse no Cisne e, seguindo as indicacións de Sanidade, procederon a illarse nos seus domicilios e realizarse as probas.

Non foi ata este domingo cando o club pontevedrés anunciou, a través das redes sociais, o resultado dos test: "tenemos un positivo en covid-19".

Pola súa banda, o adestrador do Cisne, Jabato, sinalou que "aparcamos de momento Asobal, ya que casa cumpliendo las indicaciones sanitarias".

Agora só queda esperar a que o xogador se recupere xa que, na próxima xornada, o Cisne enfrontaríase ao Nava, equipo que anunciou 17 positivos nas súas filas.