O Poio Pescamar sumou ao seu plantel a Alba da Carmen García Silverio para os próximos dous cursos.
A futbolista, que se desempeña na posición de ala-pivot, chega ao conxunto pontevedrés procedente do CD Segosala e vivirá a súa primeira experiencia na máxima categoría do fútbol sala feminino español.
Nacida en Santander o 11 de outubro de 2005, García iniciou a súa traxectoria neste deporte no ano 2011 dentro da Escola de Liencres, onde permaneceu catro tempadas.
Posteriormente competiu un ano no Parbayón FS e catro máis na AD Pena Lachicoria, entre 2016 e 2020. A súa estrea en Segunda División produciuse aos 16 anos, durante o curso 2020/2021, coa camiseta da AD Mioño.
Tras unha campaña no filial do Ourense CF na categoría de prata, a xogadora regresou á AD Mioño ata 2024, para logo vincularse as dúas últimas tempadas ao CD Segosala, o seu club de procedencia.
No ámbito internacional, García conta con experiencia nas categorías inferiores da selección española.
Foi citada polo combinado sub-19 nos anos 2020 e 2021, cando tiña 15 e 16 anos de idade, e neste ano 2026 recibiu a convocatoria da selección nacional sub-21.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.