Segue o movemento nos despachos do Pontevedra neste mercado de inverno.
A entidade granate confirmou a incorporación do dianteiro Alberto Gil.
O atacante valenciano, que ten 28 anos, únese á disciplina do Pontevedra ata o final da presente tempada.
O xogador xa coincidiu co adestrador granate, Rubén Domínguez, no Ourense CF, equipo co que xogou tres tempadas, a última delas en Primeira RFEF.
Neste tres anos, Gil anotou 9 goles.
Ademais do Ourense CF, na súa traxectoria deportiva figuran a Valencia Mestalla, o Valladolid B, o Atlético Baleares ou o Internacional de Madrid.
Procede do Guadalajara, club no que militaba até agora e co que esta tempada disputou oito partidos, aínda que sen acerto na portaría.
Vén reforzar o ataque do primeiro equipo para o tramo decisivo do curso, achegando velocidade e profundidade por banda, segundo destacan os responsables deportivos.
Alberto Gil incorporarase ao traballo co resto dos seus compañeiros nos próximos días.