Alberto Guerrero, medalla para a Gimnástica no Nacional Sub-23

Pontevedra
22 de febreiro 2016

O atleta do club pontevedrés foi terceiro en San Sebastián nos 800 metros. Noutra das citas da fin de semana, o Campionato de España de Maratón, Manuel Hurtado finalizou na quinta praza

Alberto Guerrero, coa medalla de bronce conseguida no Nacional Promesa baixo teito Sociedad Gimnástica

Notable actuación de Alberto Guerrero no Campionato de España Promesa de Pista Cuberta celebrado en San Sebastián, onde conseguiu a medalla de bronce.

O atleta da Gimnástica foi terceiro nos 800 metros nunha carreira moi táctica que se decidiu no sprint final con só unha décima de diferenza entre o gañador, Saúl Ordóñez (1:53.53), e Alberto Guerrero (1:53.65).

Non tiveron tanta fortuna nas súas actuacións o resto de atletas dos Gimnástica presentes en San Sebastián. Gonzalo Sánchez-Camacho resentiuse dunha lesión muscular na primeira rolda dos 60 metros que non lle permitiu seguir competindo, Jon Alonso fixo a súa mellor marca do ano pero non pasou o corte nas eliminatorias dos 200 metros, Roberto Tello non logrou entrar na final dos 400 metros e Ricardo Gayá foi décimo na final de triplo salto,

MANUEL HURTADO, QUINTO NO NACIONAL DE MARATÓN

Outro dos focos de interese para a entidade atlética pontevedresa foi o Campionato de España de Maratón celebrado en Sevilla. Alí atopábase o seu atleta Manuel Hurtado, que foi quinto na clasificación do Nacional cun tempo de 2:18:24, record do Gimnástica pero que lle deixou a cinco minutos da mínima olímpica.

Na clasificación xeral do maratón, Hurtado concluíu na décimo sexta posición.