Alcobendas na casa, primeiro compromiso ligueiro do Cisne en División de Honra Prata

Pontevedra
28 de xullo 2015

A Federación Española de Balonmán sorteou o calendario de División de Honra Prata, competición que arrancará o día 6 de setembro. O derbi ante o Academia Octavio, na penúltima xornada. Os pontevedrés rematarán a liga na casa ante La Roca

Primeiro adestramento do Cisne 2015/2016 PontevedraViva

O Cisne xa coñece cal será o camiño cara á permanencia na División de Honra Prata, despois de que a Federación Española de Balonmán celebrase o sorteo da competición.

A liga comezará o día 6 deseptiembre, e farao cun esixente test para os pupilos de Edín Covelo, que debutarán na casa ante o Balonmano Alcobendas, un dos favoritos a ocupar os postos de honra.

Non será máis sinxelo unha semana depois o primeiro desprazamento, no que os pontevedreses visitarán a un recén descendido como o Juanfersa Gijón.

Entre as citas destacadas os únicos derbis galegos do ano, ante o Academia Octavio, viviranse nas xornadas 14 e 29, primeiro en Pontevedra o 20 de decembro e na penúltima xornada en Vigo, o día 15 de maio.

A liga finalizará o 22 de maio e farao para o Cisne na casa ante o BM La Roca.

Consulta aquí o calendario completo da División de Honra Prata.