Ale de Paz, segunda renovación do Poio Pescamar

Poio
28 de maio 2025
Actualizado: 02 de xuño

A futbolista internacional afrontará desta forma a súa sétima tempada no equipo conserveiro, a terceira consecutiva

Ale de Paz, no partido entre Poio Pescamar e Melilla Torreblanca na Seca
Ale de Paz, no partido entre Poio Pescamar e Melilla Torreblanca na Seca / Cristina Saiz

O Poio Pescamar comeza a súa reconstrución asegurando a continuidade de pezas importantes do plantel.

Si primeiro chegou o anuncio da continuidade da gardameta Elena, agora foi a quenda doutra futbolista internacional.

Ale de Paz selou renovación co conxunto conserveiro.

Afrontará desta forma a súa sétima campaña no equipo vermello, a terceira de maneira consecutiva.

Neste tempo Ale de Paz foi protagonista de tres do catro títulos de Copa Galicia que conseguiu gañar o Poio Pescamar, ademais de terse proclamado dobre campioa de Europa coa Selección Española.

Na última campaña foi convocada na totalidade dos partidos do equipo, 37, sumando 20 titularidades e anotando 13 goles, unha decena deles en liga.

Ademais foi xunto a Laura Uña a futbolista con maior participación nos goles do equipo ao engadir 10 asistencias.

Coa súa renovación o novo proxecto deportivo do Poio Pescamar na máxima categoría segue a tomar forma.