Confirmada a primeira peza do Poio Pescamar do proxecto deportivo 25-26 do Poio Pescamar, ou máis ben a segunda xa que o seu adestrador Luís López-Tulla conta con contrato en vigor.
O club conserveiro anunciou a renovación dunha futbolista clave nas últimas campañas.
Trátase da gardameta Elena González.
A segoviana logrou desde A Seca consolidarse na Selección Española e que apunta de feito ao primeiro Mundial da historia do fútbol sala feminino.
Na tempada recentemente finalizada Elena disputou 27 partidos de 37 posibles, 24 deles como titular, entre as diferentes competicións, encaixando 48 goles.
Coa súa renovación, afrontará agora o que será o seu cuarto curso consecutivo no equipo vermello, no que aterrou no verán de 2022.