O deporte non se libra dos intentos de estafa que proliferan nos últimos tempos a través de mensaxes recibidas a través de diferentes vías, por exemplo mediante o teléfono móbil ou o correo electrónico.
Nesta ocasión a que lanzou unha voz pública de alarma foi a Federación Galega de Ciclismo.
A entidade deportiva tivo constancia dun intento de engano a través de mensaxes SMS de texto que chegan ao teléfono particular.
Así o fixo saber confirmando que se trata dun engano.
Asegura a Federación que se recibiron SMS co remitente de 'BonoDepu' anunciando unha suposta concesión dunha axuda económica de 100 euros para usar como bono deportivo.
Trataríase dun bono a semellanza dos implantados en diferentes ámbitos pola Xunta de Galicia, cuxo Bono Deporte servía para a adquisición de material de deporte ou para custear a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva.
Neste caso, alerta a Federación Galega, o SMS en cuestión inclúe un enlace ao que non se debe de acceder, ao tratarse dunha estafa.
Explica a federación que este engano "se vén rexistrando nas últimas horas", polo que piden extremar as precaucións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.