As primeiras semanas do mercado de fichaxes deixaron moitas baixas destacadas e tamén cinco novas incorporacións até a data. Con todo, o Pontevedra Club de Fútbol todavia tiña pendente estrear o capítulo das renovacións.
Para facelo, a entidade lerezana repetiu a mesma fórmula que no pasado curso ao confirmar o capitán e lenda do club, Álex González, como primeira renovación do verán.
A nosa historia continúa ♥️#OndeOLerezFaiHistoria pic.twitter.com/XNy4ZSe9gQ
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) July 9, 2026
Esta será a undécima tempada do cántabro como xogador do conxunto granate, unha cifra que escapa ás tendencias do fútbol actual.
Pouco queda que dicir dun Álex González que, na súa décima tempada, alcanzou o impresionante fito de se converter no xogador con máis partidos disputados na historia do Pontevedra.
Logrouno o pasado mes de novembro tras superar a marca doutro histórico xogador do club como é Eduardo Dapena 'Cholo'.
328 partidos despois,
— Pontevedra CF 🦴 (Alexgm07 convértese no xogador que máis veces defendeu a nosa camiseta en competición nacional na historia do Pontevedra CF
328 veces deixando a alma por este escudo
328 veces Álex González 👑 pic.twitter.com/ZpcA4GXn9JPontevedraCFSAD) November 8, 2025
A pesar de que a súa tempada 25/26 en Primeira Federación non foi do todo positiva por mor das lesións, Álex foi igualmente unha das pezas importantes do equipo polo seu papel tanto dentro como fóra do campo.
E aínda que participou en 26 encontros de competición regular, 11 deles como titular, a súa repercusión no vestiario vai máis aló do puramente deportivo. É por iso que seguirá portando o brazalete de capitán en Pasarón unha tempada máis.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.