Nova fichaxe no Arosa para dar un punto extra á súa liña ofensiva.
Álex Rey incorporouse este martes aos adestramentos do equipo arlequinado, pero antes foi presentado de maneira oficial no Estadio da Lomba.
O extremo vigués defendeu as dúas últimas campañas o Coruxo en Segunda RFEF. Antes pasara ao longo da súa carreira por equipos como CD Cultural Areas, Gondomar, Valladares, Atios, Alondras e Rápido de Bouzas.
Aterra con ambición en Vilagarcía para ocupar a última ficha sénior que estaba dispoñible.
"En principio o plantel está pechado. Como moito podería chegar un sub-23", confirma o Arosa.
No que respecta a Álex Rey súmase ao equipo afirmando que "o Arosa é un club ao que a Terceira se lle queda pequena".
Por iso, asegura, "o obxectivo é o ascenso, eu veño con esa intención".
Rey está xa dispoñible para o técnico ao chegar "en boas condicións".