Alexandre Míguez proclámase campión de España de Maratón e clasifícase para o Mundial de Hungría

Vilaboa
13 de xullo 2025

O padeeiro de Vilaboa fíxose co primeiro posto na modalidade K1 júnior de piragüismo de maratón e asegura a súa participación Campionato do Mundo de Maratón de Györ

Alexandre Míguez Cores, do Club Piragüismo Vilaboa
Alexandre Míguez Cores, do Club Piragüismo Vilaboa / Club Piragüismo Vilaboa

O piragüista Alexandre Míguez Cores, do Club Piragüismo Vilaboa, proclamouse campión de España na modalidade K1 júnior de piragüismo de maratón.

A vitoria tivo lugar este fin de semana durante o Campionato de España de Maratón de Verán, celebrado en Pontesampaio.

Con só 17 anos, esta importante vitoria asegura a Míguez Cores a súa participación no Campionato do Mundo de Maratón de Piragüismo, que se disputará en Győr (Hungría).

O novo padeeiro competirá tanto na distancia curta como na longa.

Desde o club sinalan que o éxito de Alexandre "non é casualidade. Leva practicando este deporte desde o sete anos e o seu constante traballo, disciplina e o apoio do seu club foron fundamentais para este salto á elite do piragüismo internacional".

Destacan, ademais, "o seu esforzo, traxectoria e resultados", que reflicten o traballo do deportista e do equipo técnico..

Ademais do seu brillante resultado, o resto dos padeeiros do Club Piragüismo Vilaboa tamén asinaron unha excelente actuación no Campionato de España de Maratón, deixando moi boas sensacións e confirmando o bo momento que atravesa a entidade tanto a nivel autonómico como estatal.