A Selección Española de Fútbol despediuse da Eurocopa tras caer nos cuartos de final da competición ante a gran favorita ao título, Inglaterra, nos cuartos de final (2-1). Fíxoo con todo no seu mellor partido do torneo, coincidindo coa estrea na competición de Teresa Abelleira.
A centrocampista pontevedresa o Real Madrid foi unha das sorpresas no once inicial de España, e con ela no campo a Selección viviu os seus mellores momentos da Eurocopa.
Inglaterra empuxou nos primeiros minutos, pero aos poucos as xogadoras dirixidas por Jorge Vilda fóronse facendo coa posesión para ir crecendo sobre o céspede.
Sen goles no primeiro acto, foi ao comezo do segundo cando o partido poñíase de fronte co 0-1 logrado por Esther aos 54 minutos de xogo aproveitando unha gran acción de Athenea.
Ata o minuto 70, aínda con 0-1, aguantou sobre o terreo de xogo Abelleira, dando entrada no seu lugar a Laia Aleixandri.
España rozaba a clasificación ata que no minuto 83 o combinado inglés aproveitaba unha xogada embarullada na área para poñer o 1-1 por medio dela Toone. O partido marchaba á prórroga, e no tempo extra as locais terminaron remontando grazas ao 2-1 de Georgia Stanway cun disparo afastado.
Unha amarga estrea para Teresa Abelleira, que di adeus á Eurocopa pero faio confirmando que ten futuro dentro da Selección Española Absoluta.