Ana Román renova co Arxil antes de concentrarse coa selección de Venezuela

Pontevedra
16 de xuño 2015

A pívot viguesa viaxa a Canadá para disputar o Campionato Panamericano e o Preolímpico coa Selección de Venezuela. É a primeira renovación confirmada no Arxil

Ana María Román no partido entre Arxil e Universidad de Oviedo Diego Torrado

Primeira renovación no Club Baloncesto Arxil de cara á tempada 2015/2016, na que volverá competir na Liga Feminina 2.

O club verde confirmou o acordo para a continuidade de Ana Román, que sumará a si o seu segundo ano no equipo tras ser unha peza clave na boa tempada das de Mayte Méndez.

A noticia prodúcese xusto cando a pívot viguesa viaxa a Canadá para incorporarse este martes á disciplina da Selección de Venezuela, país do que posúe a nacionalidade.

Román foi convocada polo combinado 'vinotinto' para disputar dúas competicións internacionais durante o período estival.

O primeiro deses compromisos serán os XVII Xogos Panamericanos en Toronto, entre os días 10 e 26 de xullo, afrontando poucos días despois outra cita de vital importante, o Torneo Preolímpico que terá como sede Edmonton do 9 ao 16 de agosto.