O Club Baloncesto Arxil confirmou que dúas das súas xogadoras, a aleira montenegrina Andrea Glomazic e a ala-pivot ourensá Lorena Lorenzo non continuarán no equipo a próxima tempada.
Con estas baixas, xa son catro as xogadoras que participaron na fase de ascenso e lograron a Liga Challenge a pasada tempada que anunciaron a súa marcha.
Andrea Glomazic, quen pecha unha vinculación de dous anos co club, deixa un legado significativo.
O club despediuna cunha emotiva mensaxe: "Grazas, Andrea. Despois de 56 partidos, sempre estarás no corazón verde. Atrás quedan o seu gran porcentaxe nos tiros libres e nos tiros de tres, e sobre todo, o seu inmenso sorriso".
Pola súa parte, a xogadora tamén expresou a súa gratitude: "Grazas por todo. O meu corazón sempre terá un anaco verde. Deséxovos o mellor".
Lorena Lorenzo, que chegou a tempada pasada desde o 1ª nacional de Ourense e xogou tanto no Arxil Mafari Café como na primeira plantilla, decidiu non seguir no equipo.
Lorenzo buscará máis minutos no Maristas Coruña de Liga Dous. O club tamén quixo agradecer a súa implicación: "Desde o club queremos agradecer a implicación pola nosa camiseta e desexarlles ás dúas xogadoras o mellor nos seus novos clubs".
Con estas baixas, o CB Arxil continúa traballando na reestruturación do seu cadro de xogadoras para a próxima tempada.