O Club Baloncesto Arxil confirmou este luns a renovación da xogadora Margarita Moreira.
Será a súa sétima campaña no equipo pontevedrés, despois de finalizar o pasado curso como unha xogadora moi importante na rotación do equipo ao longo da tempada na liga Feminina 2.
Moreira elevou as súas prestacións o último ano cunha media de 5,4 puntos e 2,7 rebotes por partido, estando en cancha 19 minutos por encontro. Na fase final rexistrou unha media de 6 puntos 2,7 rebotes e 21 minutos.
Margarita espera seguir demostrando a súa valía para esta nova tempada e achegar o máximo posible ao grupo.
Ademais, ante o novo reto da liga Challengue Margarita Moreira aspira a competir cada un dos partidos.
Pero Marga ten outra faceta moi importante no CB Arxil como é o seu traballo como adestradora nos equipos da base. Na tempada pasada levou o Premini B. Todo iso mentres prepara oposicións a profesora de Educación Primaria.