Heather Forster renova e asume o reto de LF Challenge co Arxil

Pontevedra
16 de agosto 2024

A estadounidense, que afrontará a súa sexta tempada consecutiva en Pontevedra, está chamada a ser unha das líderes do conxunto arxilista tras o seu ascenso de categoría

Partido entre CB Arxil e Cortegada no CTGD
Partido entre CB Arxil e Cortegada no CTGD / Cristina Saiz

A pivote Heather Marie Forster apúntase ao reto de competir na Liga Feminina Challenge co Club Baloncesto Arxil.

O equipo pontevedrés asegurou a renovación dunha das súas xogadoras máis determinantes, e que afrontará así a súa sexta campaña consecutiva na entidade convertida en todo un referente.

Non en balde a pivote estadounidense rozou a pasada campaña os dobres díxitos nas súas estatísticas medias, con 9,1 puntos e 9,3 rebotes e 14,1 de valoración.

A renovación de Forster é a sexta confirmada no Arxil, xunto coas Marta Fernández, Cristina Díaz-Pache, Margarita Moreira, Nerea Liste e Miriam García.