Antequera, proba de lume para o bo momento do Teucro

Pontevedra
17 de outubro 2014

O Teucro visita este sábado (18:30 horas) "una pista en la que pocos ganan", a do Meridiano Antequera. Quique Domínguez quere "rebajar todo lo que pueda significar euforia" e evita falar do encontro de Copa do Rei do próximo mércores

Quique Domínguez dá instruccións aos seus xogadores durante un adestramento PontevedraViva

A Sociedad Deportiva Teucro pon en xogo este sábado (18:30 horas) o liderado da División de Honra Prata de balonmán cunha difícil saída á cancha do Meridiano Antequera.

Quique Domínguez non quere oír falar do encontro de Copa do Rei do próximo mércores e céntrase no partido en "una pista en la que pocos ganan".

O técnico lerezano, pensando no bo inicio de tempada, quere "rebajar todo lo que pueda significar euforia" para impoñerse a un buen equipo que mezcla experiencia con jugadores jóvenes de calidad".

O equipo teucrista emprendeu a longa viaxe a terras malagueñas na noite do xoves con todo o seu potencial dispoñible e a única ausencia, por motivos de estudos, de José Carlos Ameijeiras.

Alí estará xunto aos seus compañeiros David Chapela, que cada semana que pasa encontra mellores sensacións esquecendo a súa lesión no ombro.

O central pontevedrés centra tamén os seus pensamentos no choque de liga: "una vez terminado el partido ya pensaremos en Puente Genil", manifestou horas antes de que a expedición abandonase a cidade de Lérez.

ENTRADAS PARA A COPA DO REI

Mentres no plantel non queren pensar na Copa, a directiva azul si prepara este encontro intentando que o Municipal volva presentar un bo ambiente.

Por ese motivo o mércores 22 ante o Ángel Ximénez (20:30 horas) os menores de 14 anos e os socios entrarán de balde, mentres que a entrada xeral custará 10 euros.

Para rebaixar esta cantidade dende o club poñerase a disposición dos afeccionados a través das redes sociais un bono de desconto do 50% que deberá ser presentado na billeteira.